NOVO DISCO: "ALMAS DA NOITE" Imprimir

Almas da noite ESGOTADO Podes adquerir o novo disco “Almas da Noite†rexistrándote na pestaña de Tenda.

O novo Disco contén 10 temas novos cantados en galego en base de rock. A temática xira en torno á Noite e ás almas que por ela percorren. Así pois recollemos neste novo disco ideas que foron quentando os nosos miolos durante estes tres anos desde que saiu o anterior “Mestres de Pesadelosâ€(2005).

Almas da Noite conta coas colaboracións de:Silvia Garcia (Ex. – Pinacle) e María Prado (trompetas en A Infancia), Mario Candal de O Chícharo Psicótico (teclado en A Infancia), Mario Grela, Tabeaio e Xosé M. Bocixa dos Zënzar (voces e coros en Polvo Quente), Juan Verea, Ex. - Pussy Calandracas ( guitarra solista en O Tempo Que Perdín), Miguel Calvo, Ex. Os Gin Tonics (coros en Pechando A Noite), Luis Rios (coros en Polvo Quente) e a Asociación A Revoltosa (coros en O Blues de Sta. Crus). Parte deles xunto con Dios Ke te Crew que colaboraron en Mestres de Pesadelos, e Machina pertencen a Ordes e Cerceda e son unha mostra do movemento musical que esta zona xenerou.

Almas da Noite está autoxestionado e distribuido por A Lonxa Cultural en tódolos puntos de venda de discos de Galicia. Tamén podes adquirir o disco nos nosos concertos ou via internet na pestaña tenda.Este disco foi gravado durante o veran do 2008 na Coruña nos estudios Treboada por Paco Liaño( guitarras e voces) e nos estudios Bonham por José Martinez (baixo, batería e masterizado final).