Artigos

Benvido a web de Kastomä!

. Posted in Uncategorised

Benvidos a web de Kastomä! Kastomä é un apócope da frase "¿qué queres tomar?" Rock en galego dende Ordes formado no ano 2000 por Soneira, Oscar, Xurxo, David e Sito. No ano 2008 incorpórase ó grupo desde Os Gin Tonics de Sigüeiro Antonio Pazos, na batería. O grupo xurdiu para cubrir os fortes desexos de tocar en direto, e logo pouco a pouco, xa coas ilusións cumpridas, empezamos a gravar varios traballos e recopilatorios en estudios profesionais. Kastomä fuxe doutras etiquetas que non sexan as de ser un grupo de 5 colegas que tocan para divertirse e intentan transmitir o mesmo a aqueles que escoitan os seus temas. Desde o ano 2000 estamos tocando ininterrumpidamente por toda Galicia en pubs e festivais e continuaremos facendo o mesmo na próxima volta sempre e cando exista esa ilusión inicial que mantén vivo ó grupo por facer algo do que nos sentimos uns privilexiados, xa que tocamos o que nos gusta e cando nos peta. Agardamos "petar" na túa porta próximamente.